O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, estivo en Cedeira e abordou co alcalde, José Luis Vergara, ademais outros representantes do Concello e o presidente da confraría de pescadores, José Agustín Pérez, o proxecto e as alternativas para a instalación do porto deportivo. Vergara trasladou a Parga o interese do Concello por dispor dun porto deportivo que poida converterse nun “gran revulsivo para a vila”, pero “acorde coas nosas condicións naturais”.
Aínda que só leva na alcaldía un cento de días, a José Luis Vergara Rey (Cedeira, 1956), biólogo de profesión e paixón, xa se lle nota o porte de alcalde. Asume que para moitos está a tomar o papel do malo da película, «pois é a nós a quen nos toca poñer orde despois de anos dunha indisciplina política moi arraigada». (Entrevista publicada por ‘La Voz de Galicia’, 08-10-2007)
As antigas instalacións escolares de Piñeriro seran convertidas nunha Casa da Mocidade, un espazo destinado ás activiades para mozos, segun anunciou o concelleiro delegado de Mocidade, Xermán Tobío (Terra Galega)